jueves, 20 de noviembre de 2008

Xornalismo e linguaxe visual

Na nosa opinión, o xornal postelevisivo mudou radicalmente a forma de facer Xornalismo. Xa non se trata de construir relatos de gran extensión repletos de datos complexos e difíciles de procesar, senón que o reto é facer adsequible a información para que sexa comprensible polo usuario. Así, non só mudou o formato dos medios impresos (reducíndose o seu tamaño para adaptalos ás novas modalidades de lectura nos medios de transporte) e o tipo de información que ofrecen (centrándose nos servizos), senón que cambiou totalmente a forma de presentala. Así, a cor inundou as páxinas dos periódicos e os elementos visuais están cada vez máis presentes. Entre estes elementos atópase a infografía.
Tal como relata, Jaume Serra consideramos que todo infográfico debe responder a unha razón de ser. É dicir, antes de nada hai que ter claro para qué se precisa ese produto e raalizalo con seriedade e rigor. A clave está na calidade da información que se vai aportar cos gráficos. A partir deste momento, comezaría a fase de darlle un valor estético. Na fotografía pode verse unha infografía de Jaume Serra, titulada "La ballena franca", á que o autor considera o primeiro traballo interesante que realizou.

No hay comentarios: