lunes, 17 de noviembre de 2008

ALAN BECKER. ANIMATOR VS ANIMATION


Compañeiros infografistas... se queredes ver unha maneira (divertida!!) de ver as ferramentas esas do Flash que tanto se nos resisten... pinchade nos seguintes enlaces. Non ten desperdicio!

Alan Becker 1 para acceder á súa páxina
Alan Becker 2 para acceder á animación que leva por título "Animator vs Animation"

Por certo, Alan Becker só ten 18 anos e é coñecido por isto mesmo, por facer unhas animacións nas que a propia ferramenta (o Flash) é o animador e centro argumental. Recibiu o premio á mellor animación Flash no 2006...

Xa vedes, hai a quen lle resulta algo máis fácil...

Un saúdo

2 comentarios:

Patricia Blanco Martínez dijo...

Infografistas! Pensades que isto, en si mesmo, é un exemplo de infografía multimedia. Pregúntoo porque, como iredes vendo nalgúns dos meus comentarios, eu non teño moi claro, no entorno multimedia, a que se lle pode considerar infografía e a que non.

Por otra parte, neste caso (segundo a miña opinión) non é tanto o que en si o que centra esta animación senón o como. É realmente chamativo a maneira na que se desenvolve. Por iso aproveito para preguntarvos outra cousa: ¿vós pensades que na infografía a parte estética ha de pesar máis ou menos o mesmo que a informativa? Estrictamente, sabemos que a parte informativa é centra, pero por experiencia tamén sabemos que se unha infografía se nos amosa como complexa e "gris" moitos dos lectores pasaremos dela... Ás veces buscar un equilibrio non é doado. ¿Pensades que se está facendo ben esa búsqueda dun termo medio nos xornais que hoxe lemos?

Un saúdo

Anónimo dijo...

Ey, somos Iria, Leticia, Aida y Alfredo. Nos tenéis enlazados al blog viejo que no llegamos a usar. El bueno es http://lainfografiadefinitiva.blogspot.com