martes, 18 de noviembre de 2008

POR QUÉ LA INFOGRAFÍA SALVARÁ AL PERIODISMO


O que aquí incorporamos é un pequeno resumo dun artigo que certamente nos fai pensar sobre o futuro do xornalismo. Foi escrito por Javier Errea, leva por título Por qué la infografía salvará al periodismo e podemos atopalo no blog Visualmente. Logo, cada unha de nós, como autoras do blog, iremos aportando as nosas opinións persoais.

Pois ben, “pocas certezas y mucho miedo” é, a bo seguro, dous estados que, como di Javier Errea, definen a situación do xornalismo actual. A iso el engade a inconsciencia dos que dirixen –e dos que traballan- nos medios para abordar ese abismo ante o que nos atopamos inmersos. Medo ao cambio, a deixar entrar novos formatos, como é a infografía. Nela sitúa o autor a salvación para o xornalismo. Pero non se trata, como moi ben di, de incorporar infografía rigurosa e gris, de incorporarla porque si, senón de permitirlle a esta nova forma de contar modificar a narrativa textual que se viña levando a cabo ata agora e que asumía rutinariamente que as informacións só se facían con título+texto+fotografía.

A combinación óptima de texto e imaxe, de info e grafía, permite reter durante un longo tempo ao lector na páxina e, por conseguinte, día a día, irase afianzando a ese bo uso dunha nova narrativa por parte do xornal e, xa que logo, ao xornal mesmo. Será a salvación do xornal impreso, do xornalismo mesmo. É a mellor receta, segundo Javier Errea que se pode cociñar hoxe. Non obstante o ingrediente máis caro parece estar na necesaria dotación dos recursos humanos adecuados, con experiencia, nutridos e adecuados.

¿Aceptarán mercalo os actuais cociñeiros? ¿Vós védeslle intención algunha? ¿E en todo caso, o problema que reflicte a imaxe coa que nós encabezamos esta entrada non acabará por rematar co xornalismo de verdade, aínda que este se acolla á infografía?

3 comentarios:

Alexandra Moledo dijo...

Máis que falta de recursos o que pode haber é falta de intención e de cambiar as rutinas de incorporar infográficos porque sí e evolucionar cara un traballo máis complexo.

Patricia Blanco Martínez dijo...

Estou dacordo contigo. Por iso mesmo preguntamos se vós lle vedes intención algunha aos actuais "cociñeiros" dos medios de mercar ese "ingrediente" que o autor do texto considera tan primordial. A túa resposta, coma miña, é negativa.
A boa infografía, a de calidade, traballada, pensada (máis alá da rutinaria e diaria, como a do tempo ou así, que tamén conleva esforzo) penso que non pode (ou non debería) estar suxeita á premura coa que actualmente se están elaborando a información e, mesmo as fotografías. E, por tanto, nunha profesión de rutinas como é o xornalismo, paréceme que o vai ter un tanto difícil para entrar.
Non obstante, xa imos tendo bos exemplos que ao mellor nos fan cambiar esta visión un tanto pesimista, Alexandra.

Saúdos...

Anónimo dijo...

Pareeume moi interesante este artigo de Jaume Serra. Nel o autor afirma que a infogafría representa a salvación dos medios impresos. Ante a crise que viven as cabeceiras xornalisticas tradicionais, Jaume Serra aposta polo visual como bote salvavidas. ¿Salvará a infografía ós xornais impresos?
Na miña opinión, non sei se a infografía será capaz, por sí soa, de facer fronte ás dificultades que atravesa a prensa -representadas en especial pola diminución no número de lectores-, pero creo que o visual é unha das claves e unha das solucións. Isto é o que atrae mellor a atención do lector e iso é precisamente o que os medios buscan: fidelizar ós seus clientes e conseguir achegar a novos sectores cara a lectura de prensa impresa. En canto ó papel da infografía, creo que se debe ter moi en conta, pois permite a explicación de informacións complexas de xeito adsequible e comprensible. En conclusión, se o visual non é a única saída dos medios impresos, na miña opinión si é unha das posibles solucións.