jueves, 20 de noviembre de 2008

BOCETO SOBRE O CONGRESO "GALICIA POLA RADIO"

Aquí deixo o meu boceto sobre o congreso "Galicia pola radio" que houbo na facultade. O que intentei representar é, nunha das barras, os emisores e, noutra, os oíntes. Así, ao longo da historia da radio estes fóronse distanciando máis ou menos segundo os feitos históricos (entre outros motivos), que é o que basicamente representa a gráfica. Logo centreime, nesta última etapa que vivimos na que oíntes e emisores se volven a comezar a distanciar, nas catro posibilidades de participación que se explicaron nunha das conferencias: radio local, radio participativa, radio comunitaria e radio de servizos.

No hay comentarios: