Vimos como en edicións anteriores cabeceiras de referencia como El Mundo ou El País obtiveron diversos galardóns. Pero neste ano destacou tamén un medio de escasa traxectoria no tempo: o xornal Público, que a pesares de contar cun departamento de infografía reducido, tivo un gran éxito.O xornal obtivo un total de un ouro, dúas pratas e tres bronces, convertíndose así no terceiro departamento de infografía máis galardoados na categoría de medio impreso. Na nosa opinión, o xurado observou que o xornal cumpría con esa máxima consistente en primar a calidade informativa sobre a beleza e a espectacularidade.
Así, un dos traballos premiados foi Portafolio, un organigrama a base de círculos e liñas (formas simples por tanto) que organiza información complexa de forma efectiva para facela comprensible.
Ademais de organigramas, en Público podemos observar que existe unha tendencia a apostar polos gráficos estadísticos, que permiten representar procesos de forma sinxela. A continuación amósase un exemplo:
A continuación móstranse dous exemplos que definen tamén o estilo dos infográficos de Público. Neles prima a sinxeleza sobre a espectacularización. Outra vez, tamto en “Nuevos elementos de seguridad en vehículos” como en “Quién es quién en los boxes”, vemos como se concede importancia sobre todo á calidade e a relevancia da información. Ofrece os datos precisos para facer comprensible o temapero sen sobrecargar nin con información nin co deseño.


Para o xornal, tódalas temáticas poden ser obxecto de ser tratado con infográficos. Así, ademáis de deportes ou sucesos, a ciencia ten tamén un oco nestes traballos. A continuación ofrécese un exemplo disto, no que se mostra e describe o primeiro corazón artificial do planeta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario