martes, 18 de noviembre de 2008

Recoñecemento da calidade: premios Malofiej


¿Qué son os premios Malofiej?
Os premios Malofiej de infografía naceron no ano 1993 na Facultade de Ciencias da Comunicación de Navarra e con eles búscase premiar a creatividade artística e o rigor informativo dos profesionais adicados a este eido do xornalismo.
Na nosa opinión, esta debe ser unha das máximas de todo infográfico, é dicir, a calidade da información é o que debe primar en tódolos casos sobre o valor estético. Neste sentido, para que un infográfico cumpla a súa labor ten que basearse ante todo no rigor xornalístico, que só poderá conseguirse seguindo unha metodoloxía de investigación e recolla dos datos axeitada a cada situación. Unha vez reunida, contrastada e seleccionada a información chega o momento de pór en práctica a creatividade, que é tamén unha parte importante desta peza informativa, xa que é a que nun primeiro momento vai reclamar a atención do público.
Desde ese ano -o 1993- celébranse cada ano en honor ó xornalista arxentino Alejandro Malofiej, de quen collen o nome e quen dende os anos 60 ata o 1987 dirixiu o departamento de infografía do xornal La Opinión de Buenos Aires, convertíndose así nun referente do sector.

2 comentarios:

Alexandra Moledo dijo...

Recomendovos que vexades a cobertura cobertura da masacre da Universidade de Virginia Tech realizada por nytimes.com que recibiu o premio Peter Sullivan de infografía na dezaseis edición dos Premios Malofiej.A través de 16 secuencias animadas explicasenos claramente como se desenvolveron os acontecementos.
Un bico.

Patricia Blanco Martínez dijo...

A verdade, Alexandra, si que é un moi bo exemplo do uso de infografía multimedia e merece, sen dúbida, ese galardón. Vese claramente que é unha moi boa conxunción de imaxe pero tamén de información xornalística, algo que ha de definir sempre a unha boa infografía.
E o feito de que se vaian concedendo premios deste tipo tamén vai denotando que ese novo xénero que nós abordamos nesta asignatura vai por moi bo camiño.
Máis adiante incorporaremos unha entrada na que faremos un breve repaso polos premiados en varias edicións...
Un saudiño