viernes, 30 de enero de 2009

Cascaxide: Premio al Bosque Amenazado 2008


Aqui vos deixo o meu traballo final. O gráfico xira en torno á concesión do galardón Premio ó Bosque Amenazado, que cada ano concede a ONG Bosques sin Fronteras e o Ministerio de Medio Ambiente, a unha fragua situada no concello pontevedrés de Silleda. Considerei interesante o tema, posto que cando souben da noticia o primeiro que me preguntei foi por que? ¿Quen ten de especial esta fragua para resultar gañadora entre todalas candidaturas? Así, no gráfico tentei dar resposta a estas e outras cuestions.
Espero os vosos comentarios!!
saudos

miércoles, 28 de enero de 2009

PROGRAMA CONCIENCIA: ABRINDO COMPOSTELA AO PENSAMENTO UNIVERSAL

Aquí vos deixo o meu proxecto final para infografía. Trátase dun repaso polos tres anos de traxectoria do Programa de divulgación científica ConCiencia, dirixido polo profesor Jorge Mira. Nel tratei de reflictir non só os grandes persoeiros que visitaron Compostela senon tamén os cambios que se foron dando a medida que se celebraba cada nova edición. Ademais, posto que un dos obxectivos é abrir esta cidade ao pensamento científico mediante o contacto destes Premios Nobel (e análogos, así como outros divulgadores de labor excepcional) cos investigadores locais, realicei unha fusión de imaxes entre a catedral -que simbolizaría a Compostela- e esas ventás abertas -que simbolizarían esa apertura-. De aí tamén o título: "Abrindo Compostela ao pensamento universal". Espero que se entenda!

E tamén espero as vosas opinións! Gracias...

martes, 27 de enero de 2009

Star Wars


Infografistas!!! Aquí os dejo mi proyecto final para infografía.
Como el tema era libre me decidí por la Guerra de las Galaxias, del que soy un poco...friki?? xDD
Espero vuestros comentarios, saludos a todos y suerte en los examenes!!!
Noelia

viernes, 16 de enero de 2009

Suceso de última hora!!!! os breaking-news ...

Que ocorre nun departamento de infografía ante un suceso de última hora e gran transcendencia??? Os nervios soen desbordar ó equipo de infografía, que dispón de moi pouco tempo para elaborar o seu traballo antes da hora de peche do xornal impreso ou o máis rápido posible no caso dos electónicos.
Alberto Cairo recomenda ante todo manter a calma. E despois, que?
Pois para el, o máis imposrtante é dividir o equipo en reporteiros, documentalistas e ilustradores.

-Os primeiros desplazaranse ata o lugar dos feitos para recoller os datos precisos para elaborar o infográfico. É importante que sexan membros do equipo de infografía os que se encargen desta labor, posto que saben cales son os datos máis importantes ou máis necesarios para realizar o traballo (características do lugar, dimensións...).

- Mentres tanto, na redacción os documentalistas encargaranse de recoller a máxima cantidade de datos posible para contar coa información necesaria e poder darlle un contexto ós acontecementos.

- Finalmente, xa con todo o equipo reunido e a información recollida comeza o traballo dos ilustradores, para o que Alberto Cairo considera imprescindible a realización sun stotyboard previo que permita unha previsualización do traballo final.

E logo, é imprescindible manter a acutualización dos datos, pois o lector debe coñecer cada nova modificación.

PROPOSTA DE DEBATE: E vós que pensades, é importante manter esta división do traballo nas redacción? Garantízase así a calidade do traballo infográfico?

INFOGRAFÍA 2.0 Visualización interactiva de información en prensa

"Hace falta síntesis: nos estamos ahogando en información, mientras que nos morimos por la falta de sabiduría"
Logo de ler o libro de Alberto Cairo (Visualización Interactiva de Información en Prensa), a exposta anteriormente é unda das principais conclusións coas que nós nos quedamos. Realmente estamos sobresaturados de información??
Aqui vos deixamos esta proposta de debate para que nos comentedes a vosa opinión. Ó noso parecer, si estamos rodeados de información, de datos e datos que se acumulan pero non temos sabiduría, como di Alberto Cairo, é dicir falta a explicación desa gran cantidade de datos para que a informaciónm se poida converter en coñecemento.
E neste proceso, cremos moi relevante o papel da infografía, pois permite visualizar e polo tanto facer comprensibles datos, en moitos casos complexos, que doutra forma serían difíciles de trasladar ó público.
Neste sentido, na obra da que estamos a falar Alberto Cairo considera que os tres principios clave da nova era da visualización da información na prensa son:
-Os datos, transformados en información visual, que son atractivos por sí mesmos.
-A infografía, ou visualización da información, non é un obxeto decorativo senon que debe funcionar como unha ferramente de análise da realidade.
-A incorporación de ferramentas interactivas ós diarios dixitais impulsa un cambio de paradigma na visualización da información.
Finalmente, credes que a interactividade que posibilitan os diarios dixitais axuda a comprender mellor a información ou trátase simplemente dun novo soporte (o dixital)? É igual de útil unha infografía impresa e outra interactiva???
Agardamos os vosos comentarios

O DESEÑO DA NOSA VIDA

"Actúa de forma silenciosa", afirma Emilio Gil, director creativo de Tau Diseño, reivindicando a capacidade do deseño gráfico para incrementar a efectividade na comunicación dunha mensaxe. ¿E vós que pensades? ¿Dámonos conta de que en cada pequena cousa coa que traballamos día a día está presente o deseño? Se pensades en dar unha resposta negativa, quizais o problema estea, como se di nunha dos artigos de El País (escrito por TACHY MORA) que nos dou Marita na clase, en que "si no comunica no es un buen diseño" (PAUL RAND).
Para moitos, o deseño segue sendo aínda unha mera cuestión de apariencia, case sempre relacionado con obxectos caros, exhibicionistas ou caprichosos. Pero a realidade é que todo o que nos rodea é froito do deseño, máis ou menos afortunado, mellor ou peor, pero todo foi pensado e fabricado por alguén.

Exemplos que "non funcionan" -A teteira coa que sempre derramamos algo
-O abrefácil que non é tan fácil
-A etiqueta que sempre deixa a marca logo de estar pegada
-O tetrabrik co que non apuntamos ben cara o baso
-A anilla da que temos que tirar para abrir a botella de aceite na que apenas cabe o dedo
-Para que sirven todos os botóns do mando a distancia?
-Por que sempre nos cae algo cando abrimos o paquete de arroz ou de azucre?

Seguramente nunca antes de ler ese artigo tivéramos reparado nestas cuestións. Pero unha vez plantexadas, si nos podemos decatar de que case todo é cuestión de deseño. ¿Cal é a vosa opinión? Pensades que si nos condiciona ese deseño ou que son simples erros? Porque a frase sentencia do artigo é: "Malos diseños que no funcionan y que te pueden costa la vida". Tanto é así?


Un saúdo

jueves, 15 de enero de 2009

UNHA INTRODUCIÓN AO DESEÑO DA INFORMACIÓN. PAUL MIJKSENAAR

Infografistas, trala lectura que fixemos deste libro de PAUL MIJKSENAAR (Una introducción al diseño de la información) e aínda que xa se recolle tamén noutro dos vosos blogs, aquí vos deixamos as conclusións ou ideas máis relevantes que nós tiramos del.
Un punto que nos parece que hai que reflexionar moito é a seguinte afirmación do autor: "Cuando la realidad se esquematiza de un modo radicial, la relación con esa misma realidad se pierde en la misma medida y el diseño gráfico contemporáneo está repleto de ejemplos de sobrediseñor cuando uno de los principios máis importantes es, precisamente, el de la visibilidad".

Nos seus comezos, o deseño considerábase, máis que nada, unha ferramenta para aunar a construción e a función, mais a única conclusión posible que se tira desta obra é que o deseño sempre implica tres elementos relacionados: durabilidade, utilidade e beleza. Neste sentido, o deseño ten unha capacide única para dar forma á información mediante as seguintes técnicas:

-énfase
-comparación ou estruturación
-agrupación ou ordenación
-selección ou omisión
-opción por un recoñecemento inmediato ou retardado
-presentación de maneira interesante

Información visual
Non hai unha única maneira na que a información se presente dun xeito visual, senón que Mijksenaar aborda varias: as REPRESENTACIÓNS GRÁFICAS, por exemplo, son moi adecuadas para dispoñer dunha información estadística acerca de cambios, tendencias e interrelacións; a CARTOGRAFÍA representa seccións do mundo e o cosmos; os PICTOGRAMAS refírense de forma sucinta e inmediata a conceptos ou funcións; as ILUSTRACIÓNS, como os debuxos e as fotografías, dan vida a produtos o parte de productos; e, finalmente, incluso o TEXTO é adecuado para as situacións donde é crucial unha información precisa. Xa que logo, a elección dun medio visual determinado vén dictada principalmente polo grado de abstracción que require a información.

A forza do cotiá
O deseño concíbese xeralmente como unha rama das artes visuais. Sen duda algunha, ten terreo en común co uso de técnicas visuais e tamén é certo que moitos deseñadores se inspiran nas artes visuais. Non obstante, hai moitas outras fontes de inspiración dispoñibles, como a propia música ou a natureza. Na opinión do autor deste libro, os deseñadores de produtos gráficos de consumo deberían deixarse influír pola riqueza visual dos obxectos cotiás, malia que, na realidade, moitos deles perciban a estes últimos como banais, feos e vulgares.

Experimento ou destreza
Tiña dito PASCAL: "Estoy firmemente convencido de que la creatividad no reside en buscar materiales nuevos sino en reorganizar los que ya existen". E así mesmo, a información visual utiliza formas prestadas da fotografía, dos filmes, das tiras de comic e mesmo das ilustracións técnicas.

O contido precede á forma
Cara 1873, un dos escritores holandeses máis famoso ("MULTATULI") escribía: "Aspira, ¡oh, tú que quieres ser artista!, con el más diligente tesón, a dominar el contenido. La forma se alzará a tu encuentro". As ideas sono todo e non as hai en abundancia. Sen contido non hai forma. E o que importa é precisamente e, sobre todo, a idea, porque todo deseño comeza cando se comprende e se interpreta.

A nosa proposta de debate
Infografistas, nós queremos continuar con ese debate que xa tanto ten dado de si: ¿contido ou forma? Que está primeiro? Cal é máis relevante na infografía? Se ben todas coincidimos en pensar que sen contido traballado non hai infografía de calidade, tamén sabemos que por moito que un contido sexa moi talentosos, se a parte visual non está pensada... non hai moito que facer. ¿Que pensades vós?

Un saúdo e gracias

martes, 13 de enero de 2009

Interfaces del futuro???


En relación sobre el tema de la "holografía" y las pantallas táctiles, me ha llamado la atención un artículo que apareció hace un par de semanas en la Vanguardia sobre las interfaces, y la superioridad que marcan sobre la demás las pantallas táctiles:

Los expertos ven más natural tocar la pantalla que pulsar botones
El artículo se titula: La tecnología apuesta por las pantallas que se manipulan sólo con los dedos
Microsoft prueba mesas táctiles para utilizar en hoteles y restaurantes Blackberry, marca especialista en teléfonos con teclado, también va a lo táctil La tecnología busca dotar de sensación natural al tacto con los dedos.

En la película de ciencia ficción Minority report,Tom Cruise esbozaba la futura relación con las terminales informáticas mediante pantallas que se manipulaban con los dedos a través de unos guantes especiales. Hoy, la tecnología de pantallas táctiles, cada vez con más aplicaciones prácticas, pone la yema de los dedos como uno de los principales puntos de interacción del ser humano con las máquinas.

Existen varios sistemas de pantallas táctiles y no todos están pensados para su utilización con los dedos, aunque son estos últimas los que están ganando terreno. Los elementos mecánicos, como el ratón y el teclado, empiezan a ser más prescindibles.Juan José Fàbregas, director del Centre de la Imatge i Tecnologia Multimèdia de la Universitat Politècnica de Catalunya, ve en las pantallas táctiles un buen instrumento para mejorar la usabilidad de los aparatos electrónicos. “Si el diseño de la interfaz gráfica está bien hecho, la pantalla táctil hace que la relación del usuario con la máquina sea más cómoda, más natural, que apretando botones”, explica. Se refiere sobre todo a los teléfonos móviles y las agendas electrónicas.
Creo que todos deberíamos meditar la revoluión que estamos viviendo, de la cual casi ni somos conscients, pero que de cualquier forma nos hace la vida, y la comunicación en esta, más fácil.
Noelia García

sábado, 3 de enero de 2009

PROBLEMAS COA INFOGRAFÍA

Incorporo esta nova entrada para responder a un dos comentarios Marita fai nun dos blogs acerca dos problemas que temos coa infografía ou, mellor dito, preguntándose polas dificultades coas que nos atopamos á hora de facer os bocetos. A verdade, o meu problema penso que é grave (basicamente, case que incapacitante para a elaboración de infográficos...). Refírome a que eu, visualmente, non consigo ver a forma de transmitir a información: teño o texto, si, ¿pero como representalo graficamente? Teño que darlle unha e mil voltas e como se ve nos infográficos que vou subindo, tampouco son para tirar cohetes as imaxes que elixo... A miña percepción é que me centro demasiado na información e non consigo traspasar esa fronteira que leva a que a imaxe tamén diga algo, que non estea simplemente de recheo (como teño a impresión que está nalgún dos meus infográficos).
Ese é o meu problema esencial, á marxe de que me parece dificultotísimo sintetizar tanto a información. Por iso digo que o meu "problema" coa infografía e que non sei facer infografía, porque se entendemos esta como "texto+imaxe" (entendendo que ambas cousas son información), a min fállame totalmente a segunda parte. Particularmente, admiro algúns dos infográficos que fixéstedes algúns de vós, xa que moitos de penso que tedes unha forma moi interesante de facernos visualizar a información que para min é tremendamente dificultoso. Así que noraboa!!!

Ai! O que me gustaría saber é se algún de vós ten este mesmo "problema" e algunha idea para solucionalo...

:-(

Un saúdo e gracias