jueves, 18 de diciembre de 2008

A tecnoloxía e os medios de comunicación

Trala lectura do artigo "Holografías", pantallas táctiles... comparto a opinión de Patricia. Creo que a tecnoloxía ten que complementarse co papel e a función dos medios de comunicación, pero non desvirtuala. É dicir, os avances da técnica deben ser aproveitados cando axuden a comprender a información ou mesmo a chamar a atención sobre ela (que é o que en definitiva facemos tamén cos titulares) pero non deben contribuir nunca á súa espectacularización.

martes, 16 de diciembre de 2008

"HOLOGRAFÍAS", PANTALLAS TÁCTILES...

Infografistas, logo de ler o texto que nos dou Marita na clase, eu quédome con varias ideas e observacións. Unha delas é que me parece moi ben que se avance no uso destas técnicas e máis se redunda nunha mellor exposición e comprensión da información (e as eleccións en EEUU eran un moi bo tema para tratar de analizalo). Non obstante, aí está a cuestión: o que se ha de buscar, na miña opinión, é esa mellor comprensión da información e non o alarde tecnolóxico que parece que se fixo.
De feito, hai unhas liñas do texto que me parecen moi significativas: "Las pantallas táctiles fueron utilizadas prácticamente por todas las cadenas, aunque las de la CNN, de gran tamaño, fueron las más llamativas". Non as máis informativas/explicativas/comprensibles/analizadoras senón iso, as máis chamativas, que parece que é o que primou nese alarde de novidades, tal e como esas "holografías" que non eran tal.
Persoalmente, as entrevistas virtuais e teletransportacións xa me parecen "avanzar" demasiado, mesmo entrar no perigoso terreo de que non se chegará a distinguir o que é real e o que non o é (algo que tendo en conta a raíz informativa da infografía, non lle conviría nada).

Que vos parece a vós?

Un saúdo

COMO FACER UNHA RECLAMACIÓN ANTE A XUNTA DE GALICIA


Infografistas, déixovos outro infográfico sobre como pode reclamar o cidadán ante a Administración Pública (pois o outro era simplemente de acceso a información). Centreime no caso da Xunta de Galicia, é dicir, en todo o trámite que se segue logo de que o cidadán presenta a súa queixa. A parte visual é moi simple, pois só quería dar a sensación desa sucesión de pasos que levan a algún sitio e unhas escaleiras pareceume a forma máis doada.


Un saúdo

INFOGRÁFICO SOBRE O CANON


Ola infografistas!

Aquí vos deixo o meu infográfico sobre o canon. A verdade é que teño algo de dúbidas sobre o aspecto da imaxe, posto que aínda que a idea inicial era facer unha semellanza entre o cobro do canon e o cobro dunha peaxe, penso que tal vez, o resultado final, non sexa moi claro. Se fose multimedia/animado supoño que cada conductor preguntaría unha cousa e logo iríase e viría outro coche, cuxo condutor volvería preguntar.... Pero representalo así en estático a verdade é que me resultou un tanto difícil.

Agradeceriavos que me comentarades as vosas opinións ao respecto e que cambiaríades para que se entendese mellor.

Moitas gracias

INFOGRAFÍA SOBRE O BANCO DE TERRAS


Ola infografistas! Este é o meu traballo sobre o Banco de Terras de Galicia (Bantegal), con motivo da conferencia de prensa que dou Anxo Quintana na facultade. A información, penso, está moi resumida (se cadra demasiado), de feito, só collín as claves que me parecían máis relevantes: a situación actual, cara que sentido se pretende modificar e as condicións básicas do arrendamento (anos, devolución...).

Quixen que a parte central ou o que máis chamara a atención do lector (porque penso que é un dos puntos que máis interesa) fora o feito de que as terras, logo de ser arrendadas, volven ao seu propietario. Por iso esas dúas frechas que, para min, como lectora, serían o centro de atención do infográfico. ¿Pensades que esta miña intención se ve reflexada?

Espero as vosas opinións! Gracias

Lei de Propiedade Intelectual: que aspectos modificou a reforma do 2007?


O canon dixital desatou fai uns cantos meses unha intensa polémica entre o ámbito político, os consumidores e outros sectores da sociedade que afirmaban que gravar cunha taxa tódolos soportes que permitisen facer unha copia dunha obra orixinal ía en contra dos dereitos dos cidadáns e só redundaba en beneficio das entidades xestoras dos dereitos de autor... O debate medrou día a día, pero que é en realidade o canon dixital?
Neste infográfico tentei sintetizar en que consiste a Lei de Propiedade Intelectual (LPI), aprobada en España no ano1987 e reformada por última vez no 2007. Foi neste ano cando se introduciu na lexislación o canon por copia privada (sen fin lucrativo) e outros importantes aspectos que tentei reflexar no infográfico. Debido á relevancia que ten para a sociedade todo aquilo que poida provocar un desembolso extra, engadín tamén as tarifas coas que se gravan os diferentes soportes segundo categorías.
Non sei se esta proposta é acertada ou non e se se comprende, espero os vosos comentarios!

O Bantegal: destinatarios e funcionamento


Aqui vos deixo o meu boceto sobre o Bantegal (Banco de Terras de Galicia). Elixín este tema porque me pareceu a temática máis relevante de todo o comentado por Quintana no encontro mantido cos nosos compañeiros de primeiro.
O onfográfico leva por título O Bantegal: destinatarios e funcionamento ¿Por que decidín centrarme nestes dous aspectos? Pois porque no momennto de comezar a documentarme eu sabía máis ou menos o que era o Bantegal, é dicir, un banco de terras cuxo obxectivo máis destacado é a prevención de incendios forestais, pero non coñecía cal era a súa mecánica e quen podía en realidade formar parte desta iniciativa impulsada pola Consellería de Medio Rural. Como no meu caso, creo que é unha maioría o público que descoñece estes importantes aspectos e ten tan só unha visión xeral do Bantegal. Por este motivo, tentei que o boceto respondese a estas cuestións.

miércoles, 10 de diciembre de 2008

MÁS EXTRAÑO QUE LA FICCIÓN

Ola infografistas!
Despois de ver a película Más extraño que la ficción, intentamos establecer as funcións que no filme podía desempeñar a infografía ou, polo menos, con que obxectivo ou intención se incorporaban. A verdade é que nos resultou algo difícil chegar a unha conclusión pero como xa tedes falado algúns de vós, pensamos que hai unha relación directa entre ese uso infográfico detallando o número de veces que cepilla os dentes, os segundos que faltan para chegar ao bus... e o control que o protagonista ten sobre a súa vida (e, por extensión, sobre os datos desta).
Así pois, a idea que pensamos que se intenta transmitir é o uso da infografía para unha maior precisión e exactitude nos datos. Se vos fixades, a medida que Harold vai deixando de ter tan controlada a súa vida e as súas accións, o uso de infográficos tamén vai sendo menor. Non sabemos se estades dacordo con isto: ¿vós pensades que se usa a infografía con algunha outra intención?
De tódolos xeitos, gustaríanos destacar o novidoso da infografía incorporada aos filmes. Ata o momento sabiamos que se facía en papel, en multimedia e en televisión, pero que chegase ao mundo cinematográfico, é algo totalmente novo e, á vez, moi esperanzador con respecto ao uso dos infográficos.

martes, 9 de diciembre de 2008

Boceto sobre os dereitos do consumidor



Aqui vos deixo o meu boceto sobre os dereitos do consumidor. Centrei o infográfico na explicación das posibles solucións polas que se pode optar cando se produce un problema relacionado co consumo. Par iso optei por empregar como símbolo unha carretera principal que levaría a distintos puntos (que serían as diferentes solucións), detédome na explicación do funcinamento das follas de relacmación, xa que considero que se trata de iinformación relevante que non todo o mundo coñece.

INFOGRAFÍA SOBRE COMO ACCEDER Á INFORMACIÓN DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA


Ola infografistas!
Aquí vos deixo o meu boceto sobre como pode acceder o cidadán á información da Administración Pública (non me centrei nunha reclamación como consumidor en concreto). É algo moi sinxelo e básico, case que sen información no que é o aspecto visual, pero explícovos para que contexto o pensei: ou ben para acompañar a nova (nun medio impreso) da aprobación da Lei de Transparencia (así quedaría máis ou menos claro, visualmente, cales son as catro vías que o cidadán pode usar) ou ben para a páxina web da Xunta de Galicia, por exemplo, ou de calquera outra entidade pública, de xeito que, picando nun dos iconos, segundo a vía que desexe usar o cidadán (en persoa, por teléfono, por carta ou por correo electrónico) lle saísen a rúa na que ten que presentarse, os números de télefono, a dirección á que debe enviar a carta ou a dirección de correo electrónico á que debe escribir.

miércoles, 3 de diciembre de 2008

AS PECULIARIDADES DA INFOGRAFÍA DEPORTIVA

Dun xeito ou outro, temos asumido que a linguaxe deportiva ten unhas características propias. Son moitos os autores que teñen traballado no seu estudo, pero o que non está tan estudado é se coa infografía ocorre o mesmo. ¿Tamén se caracteriza por unha maior liberdade expresiva, por ser máis chamativa…? ¿Cales son, en concreto, as súas características? ¿Conflúen, dalgún xeito, linguaxe deportiva e infografía deportiva?

Esas son as preguntas ás que principalmente tentaremos responder neste traballo.

1. Metodoloxía
2. Un breve repaso pola historia da infografía deportiva
3. Características da infografía deportiva extraídas da nosa análise
4. Linguaxe e infografía deportiva: similitudes e diferenzas
5. Conclusión

INFOGRAFÍA DEPORTIVA. CONCLUSIÓN

Ao estar provistos de movemento, os deportes gozan dunha grande potencialidade infográfica. Linguaxe e infografía referíndose ao deporte teñen moitos puntos en comúns (tamén diferenzas) e, se algo destacamos trala nosa análise, é a súa conveniencia e facultade para desentrañar a estratexia real do xogo. Xa se ten avanzado moito e as infografías do Marca (non tanto as de El País, que as veces se reducen a meras táboas) son un moi bo exemplo disto.

LINGUAXE E INFOGRAFÍA DEPORTIVA. SIMILITUDES E DIFERENZAS


Una realidad incuestionable, pese a lo que pueden suponer las diferencias de sentimientos cuando se producen enfrentamientos entre equipos de clubes o nacionales, es que el deporte habla un idioma común que une en lugar de dividir. Estas son declaracións que ten feito Juan Antonio Samaranch sendo presidente do Comité Olímpico Internacional. Completaba estas palabras coas seguintes: El deporte, por tanto, ha configurado un idioma cuyo lenguaje se proyecta desde ángulos diversos, ya sea hablado, escrito, simbólico o semiológico.

Lidas estas declaracións, o noso obxectivo é discernir cales son eses puntos de contacto que pode haber entre a linguaxe deportiva e a linguaxe simbólica, a infografía deportiva. Por suposto, tamén iremos dando conta das posibles diferentas.


Similitudes

XÉNEROS: No ámbito da escrita, se hai un xénero xornalístico que identificamos co deporte, ese sería a crónica. E, se tomamos o seu sentido primixenio, veriamos que se algo caracteriza a crónica é precisamente o matiz cronolóxico, o comezar nun punto e ir relatando o que sucede ata chegar a un final. Chegadas a este punto, establecemos unha clara conexión con esas inforgrafías que tanto abundaban, polo menos no Marca: a das xogadas. Nesas infografías precisamente se fai iso mesmo: explícase o transcurso da mesma cronoloxicamente, paso a paso, dende que comeza ata que remata.

LINGUAXE ARGÓTICA: como xa comentabamos no relato das características da infografía deportiva, tamén a linguaxe argótica está presente nos textos que a conforman. Así pois, temos exemplos de El País como “Hamilton hace un trompo y arma el taco”.

BELICISMO: os termos bélicos son, segundo sinalan numerosos autores, fonte base do vocabulario deportivo. Quixemos saber se, no caso das imaxes da infografía, dalgún xeito se dispoñían os elementos ilustrativos dando sensación de enfrontamento. Tal vez sexa establecer conexións innecesarios, mais pensamos que nalgunhas representacións nas que se sitúa ao xogadores como membros de bandos rivais, nun enfrontamento directo e de cara, aínda que sexa por un balón, pois aí mesmo nós establecemos tamén esa presenza do bélico na infografía. Por suposto, sobra dicir que no referente ao texto, si hai alusións aos enfrontamentos: “El balón es difícil de controlar, pero el Kun baja el balón con su pie derecho y lo deja muerto a su lado”, dise nunha das infografías de Marca.

ESQUEMATIZACIÓN: Nas emisións de radio, televisión e xa mesmo nos xornais comezouse xa a falar con estruturas deste tipo: “Decir que o Barça é lider…”. Algúns autores sinalan que no é senon consecuencia da necesidade de esquematización. Antonio Alcoba, por exemplo, en Cómo hacer periodismo deportivo, di: “Escribir sobre deporte resulta un ejercicio tan normal como hacerlo de cualquier otro asunto. Pese a todo, no debe olvidarse que el lector deportivo no buscar florituras sino explicación de lo acontecido: hay que ir “al grano”. La sencillez en el relato, introduciendo en él la terminología apropiada, junto con apuntes técnicos y anecdóticos, suponen el mejor regalo para el cliente y receptor del mensaje deportivo”. ¿Pasa tamén o mesmo na infografía? Nós pensamos que si, de tal xeito que na infografía vaise explicando paso a paso certas xogadas, coma se fose un esquema:
1. Así se produjo el gol del empate del Zenit
2. La defensa cede metros
3. Descolocación y desórdenes



E é que a claridade e a lexibilidade son dúas cualidades que todo texto deportivo debe ter (ao que nós engadiríamos que tamén toda infografía deportiva debe ter): parece impensable a produción dun texto escuro, denso ou ambiguo. Nada debe dificultar unha fácil lectura e facilitan esa boa lexibilidade os acertos na tipografía, titulares, orde de confección e, en definitiva, todo aquilo que faga a lectura máis agradable.

TITULARES: crónicas, reportaxes e, en xeral, todo tipo de información deportiva préstase a unha forma de titular máis “deixada”, por dicilo dalgún xeito. Titulares evocativos e cargados de sentimentos no canto de titulares meramente informativos. Tamén na infografía os titulares son deste mesmo xeito. Así, dous exemplos son “Agüero fabricó una obra maestra” o “El argentino los volvió locos”.


Diferenzas

REFLEXIÓN: Comentario e crítica (e máis se nos centramos nas retransmisións radiofónicas e televisivas), xeralmente a pé de xogo, son feitos a penas sen tempo para a reflexión. A infografía, non obstante, precisamente estaría para todo o contrario, para explicar con detalle e paso a paso as xogadas que, con premura, se suceden no campo de xogo.

AUTORÍA: Moitos de nós saberiamos dicir algún nome dos comentaristas radiofónicos, televisivos e mesmo de prensa que centran o seu traballo no deporte. Tamén na infografía son case sempre os mesmos os que a firman, mais a situación pensamos que sería ben distinta: ¿cantos de nós sabemos o nome dalgún infografista deportivo?

RECOÑECEMENTO/PRESTIXIO: Moi vencellado co anterior está o que afirma Antonio Alcoba: “Con demasiada frecuencia se olvida la parte gráfica del periodismo deportivo, cuando esta es de gran importancia en el desarrollo de la información sobre dicha materia. Fotógrafos y cámaras de cine y TV son los periodistas más objetivos en el tratamiento de la actividad deportiva. Su labor es, en ocasiones, la única que puede demostrar la veracidad de un texto o una información hablada o, por el contrario su más severo juez. Una imagen deportiva puede, asimismo, valer por toda una extensa crónica”. A pesar disto que afirma este teórico (e que, como vimos, si resulta ser certo: unha infografía de certa xogada déixaa moito máis clara ante os lectores que o seu relato escrito), o certo é que texto sobre deporte e infografía deportiva están aínda moi en desequilibrio: nesa balanza, sae gañando o texto. ¿Por que? En palabras deste mesmo autor: “Al periodismo le cuesta reconocer a la faceta gráfcia la parte decisiva de su propia trascendencia, por una equivocada cuestión de orgullo. Se ha considerado, y todavía hay quien lo considera, al texto o la palabra como las únicas formas de expresión periodísticas para transmitir un mensaje a clientes y receptores”.

INFOGRAFÍA DEPORTIVA. AS CARACTERÍSTICAS QUE ATOPAMOS

CANTA INFOGRAFÍA? Se ben Antonio Alcoba afirma que tanto os xornais xeralistas como os deportivos veñen usando a infografía deportiva, o certo é que, como parece lóxico, ese uso é moi diferente nun e noutro, tanto cuantitativa como cualitativamente. En números, dos 31 días que tivo o mes de outubro, en 16 deles aparece algo de infografia deportiva en El País, mentres que en Marca, esa cifra increméntase ata 27. Polo tanto, no primeiro caso, case poderiamos falar da metade dos días e, no segundo, da práctica totalidade. Cualitativamente, as diferenzas son marcadas. Se vos interesa profundizar neste campo, podedes picar aquí.

INFOGRAFÍA ESTETIZANTE OU ANALÍTICA? Se algo puidemos comprobar na nosa análise da infografía deportiva é que case en ningún caso podemos falar de infografía meramente estetizante, substituto ou tapa-ocos dunha fotografía. No Marca, por exemplo, son máis que numerosas as infografías adicadas a analizar o transcurso ou devir dunha xogada. Esta que aquí amosamos é tan só un exemplo, pero se queredes ver máis pinchade aquí.


Diferenza básica sen dúbida (e na que a infografía sae ganando) con respecto á fotografía: esta última pode fixar un momento concreto, pero non explicar unha sucesión de feitos ou operacións. É aquí onde a infografía deportiva ten moito terreo por explotar: os diagramas de fluxo, como os denomina Alberto Cairo, son a base de todas esas infografías nas que se explican xogadas. “Es el fotógrafo deportivo un esclavo de la película de alta sensibilidad, de la milésima de segundo, y no tiene más ventaja de mira que la improvisación, ni mejor estudio que la hierba de los estadios”, apunta Antonio Alcoba, falando das diferenzas coa infografía deportiva.

SENSACIONALISMO. Diversos autores teñen citado o sensacionalismo como unha das características básicas da linguaxe deportiva. ¿Ocorre o mesmo na infografía? Non o vimos así, dende logo. Só habería un infográfico que, para nós, podería non ter moito que ver co deporte e si máis ben cun aspecto puramente anecdótico ou, cando menos, pertencente á vida privada desa persoa. ¿Credes que ao lector de deportes (que supostamente le o xornal para coñecer as novidades estrictamente deportivas) lle debería interesar os días nos que Ballesteros se vai operar?


CÓDIGOS COMPARTIDOS?: Se algo conleva a linguaxe deportiva é a presunción de que o lector comparte certos códigos co emisor da información: descifra o linguaxe argótica sen problema algún. Na infografía ocorre máis ou menos o mesmo. É algo que Alberto Cairo, en “Infografía 2.0. Visualización interactiva de información en prensa” vencella coa abstracción. Afirma: “La abstracción es un componente esencial en el diseño de diagramas. Eliminar lo innecesario para que lo necesario se destaque. El grado de abstracción posible depende de numerosos factores, como el nivel de familiaridad de los lectores con el objeto representado o el hecho de que diseñador y lector compartan una serie de convenciones/códigos que faciliten la comunicación a través del gráfico”. Para aqueles que non somos coñecedores ou afeccionados ao deporte, infografías coma a seguinte poden resultar un tanto complicadas (nese caso sería cando se podería falar de que non se comparten códigos).


Antonio Alcoba di en Cómo hacer periodismo deportivo: “El deporte ha sido capaz de dotarse de unos vocablos que, sin necesidad de traducción alguna, son comprendidos en todas las actividades”. Non o podemos ver de todo certo. Hai unha linguaxe argótica que non é fácilmente comprensible por todos os lectores e que, obviamente, se traslada tamén aos textos incorporados nas infografías deportivas. AS FIGURAS. José Manuel de Pablos, en “Infoperiodismo. El periodista como creador de infografía” réflexiona sobre este tema. Se pinchades aquí podedes ver un pequeno resumo do que el di. Como poderedes ver nestes exemplos que a continuación vos incorporamos, as figuras humanas son moi usadas na infografía deportiva (sobre todo no Marca, como nós analizamos), case sempre personalizadas e case sempre referíndose a información externa ao individuo en si (traxectoria profesional no deporte…).

















QUE DEPORTES SE INFOGRAFÍAN? O fútbol segue a ser o deporte que maior número de páxinas ocupa, algo que tamén é extensible á infografía. En El País séguelle o tenis, por exemplo, do que soe incorporar esquemas deste tipo:

Tiñamos dúbidas sobre se incorporalos como infografía ou non. Tal vez si poderiamos facelo nese primeiro nivel de uso infográfico que José Manuel de Pablos establece.
En Marca, os deportes infografiados amplíanse (evidentemente, tamén motivado por ser integramente un xornal deportivo que adica tódalas súas páxinas a este tipo de actividades e, por tanto, por contar con maior cantidade de espazo que un xeneralista como é El País). Así, temos moi boas infografías de vela, montañismo, baloncesto… Se vos interesa velas, podedes pinchar aquí.

O USO DA COR: trátase dunha das diferenzas básicas entre a infografía deportiva que fai El País e a que fai Marca. Todas as infografías que fai o xornal deportivo están feitas a cor e con tonalidades moi chamativas, mentres que as de El País son todas practicamente en branco e negro.

EXTENSIÓN: as infografías deportivas chegan a ocupar unha páxina enteira no Marca (ou mesmo a parte superior de dúas páxinas enfrontadas), mentres que en El País o tamaño é moito máis reducido e abundan gráficos de situación do xogo coma o que a continuación vos amosamos.
















FORMATOS NOVIDOSOS: na nosa análise de Marca, chegamos a apreciar, cando menos, catro formatos novidosos:
1. Uso da ilustración ata un nivel que ás veces chega a desvirtuar o contido da información: ¿teñen algún sentido eses debuxos e a ese tamaño?


2. Fotografías acompañadas de pés de foto que parecen ir creando un comic. Non cremos isto infografía propiamente dita, pero si, cando menos outra forma de combinar imaxe e texto para facilitarlle información ao lector de xeito claro, comprensible, sinxelo e atractivo (que sería, por outra banda, a base da infografía).





















3. Infografía como foto de acompañamento a unha entrevista: se ben o máis común é incorporar, na páxina na que se fai a entrevista, unha fotografía da persoa, neste caso o que se fai é incluír unha infografía na que aparece a figura dese personaxe e os datos máis relevantes da súa traxectoria deportiva (unha especie de radiografía).


4. Infografía informativa, pero á vez, de autopromoción do xornal.


MAPAS: o uso de mapas é bastante frecuente e, se ben no Marca hai moitos exemplos, tamén en El País hai algún que outro. José Manuel de Pablos diferencia no seu libro “Infoperiodismo” entre mapa xeográfico e mapa xornalístico. O segundo conleva incorporada información xornalística, de modo que, unha das diferenzas básicas con respecto ao primeiro sería que non podería volver ser publicado do mesmo modo, mentres que un mapa puramente xeográfico si podería selo. Con respecto a isto, se ben algúns dos gráficos si incorporan información que os fai específicos, como é o caso do que aquí amosamos, hai outros que, de non ser por unha liña que sinala un percorrido, por exemplo, ben poderían pasar por mapas puramente xeográficos e, por tanto, mesmo poderiamo dicir que non serían infografía estrictamente: tamén disto útlimo vos deixamos un exemplo.

INFOGRAFÍA DEPORTIVA. UN BREVE REPASO POLA SÚA HISTORIA

Visualmente, temos comprobado que a actividade deportiva comenzou xa no Paleolítico, tal e como quedou reflexado polas figuras que aparecen nas paredes das cavernas. Esas xoias do arte rupestre permitíronnos ver figuras estilizadas, nas que o ser humano realiza exercicios ximnásticos e de danza, utiliza elementos como o arco e a flecha, corre, salta e danza.

Non obstante, pasándonos a “era moderna”, xa no 1979 apareceron as primeiras infografías, aínda moi esporádicas, no Marca. Foi no 1992, cos Xogos Olímpicos cando o deporte centrou todo o protagonismo infográfico: o 25 de xullo, día da inauguración dos Xogos Olímpicos, os lectores de El Periódico de Catalunya xa dispoñían dun suplemento cos mellores infográfios que se tiñan realizado en España ata a data. Os posters olímpicos de El País para a ocasión foron igualmente espectaculares. Baseábanse nunha gran ilustración realista a modo de fotografía e complementábano con infogramas explicativos dos acontecementos. Mención aparte, por suposto, merece a prensa deportiva, entre a que destaca o diario madrileño Marca: xa dende había algún tempo as súas páxinas acollían un infografismo de moita calidade, pero coas Olimpiadas de Barcelona reforzaron esa actitude.

A cor tamén se vai introducindo pouco a pouco na infografía deportiva, unha decisión que non en todos os xornais foi tomada con rapidez. Así o explica Antonio Alcoba: a vida é en cor e en cor han de ser algúns dos elementos das páxinas dos xornais, sobre todo aqueles como as fotografías e as infografías. Os diarios, pouco a pouco, foron adoptando a cor na información do día e na súa edición diaria. Os últimos que o fixeron en España son dous xornais dende cuxas redaccións sempre se dicía que xamais se darían fotos en cor: El País e El Mundo, o 27/9/98 e o 9/10/98, respectivamente. No primeiro dos casos (El País), custou anos tomar esta decisión: xa durante os Xogos Olímpicos de Barcelona, en 1992, equipáronse da maquinaria precisa para preparar seleccións de cor e imprimir cuatricromías, pero todo se quedou nunha pequena mancha de azul na portadilla do suplemento diario que fixeron con motivo da cita barcelonesa e unhas láminas con megainfos olímpicas impresas en cor fóra da rotativa, distribuídas como encartes, con apoio publicitario. Foi seis anos máis tarde (2004) cando por fin se levaron fotos e telefotos en cor á súa portada. No Marca a cor é, xa dende hai moito, prácticamente inherente á infografía.

INFOGRAFÍA DEPORTIVA. METODOLOXÍA DO TRABALLO

Antonio Alcoba, en Periodismo deportivo dinos: “Tanto los diarios deportivos como los de información general acompañan los textos con fotografías, dibujos, planos y otros elementos icónicos. La imagen considerada como ilustración para hacer más digerible la acumulación de texto ha pasado de ese estatus secundario a convertirse en noticia, de manera que es el texto quien acompaña a la imagen”.

Non consideramos de todo errada a súa afirmación, mais poderiamos, logo da nosa análise, establecer diferenzas entre o tratamento da infografía deportiva por parte dos xornais xeralistas e por parte dos específicamente deportivos. Isto é algo que máis ou menos sospeitabamos dende o momento no que propuxemos a realización deste traballo, polo que, en representación dos xornais de información xeralista, empregamos El País, mentres que como representación suprema dos xornais deportivos, traballamos con Marca (ambos durante o mes de outubro).

Esas diferenzas no tratamento, tal e como pensabamos, foron xurdindo a medida que analizabamos a infografía adicada aos deportes. Iso limitounos á hora de poder establecer parámetros máis ou menos fixos que caractericen á infografía deportiva: aínda así, puidemos chegar a unha serie de reflexións sobre as características desta. Por último, intentamos establecer liñas de semellanza e de diferencia entre a linguaxe deportiva e a infografía deportiva.

INFOGRAFÍA DEPORTIVA. NIVEIS DE USO INFOGRÁFICO

De Infoperiodismo. El periodista como creador de infografía, escrito por José Manuel de Pablos, quitamos as seguintes palabras explicando os diferentes niveis nos que os xornais se atopan con respecto ao uso de infografía:

Los datos estadísticos y los listados numéricos son malos de comprender por los lectores. Existen cabeceras con diversos niveles de respuesta:

  • En el nivel cero están aquellos periódicos en que la información numérica con potencialidad de transferencia visual suficiente para ser presentada como gráfico numérico simplemente no existe. Tres pueden ser las razones para que se permanezcan en este nivel:
    -carencia de las herramientas necesarias
    -ausencia de conocimiento, interés o entrenamiento en el redactor
    -no intervención de personal capaz de observar que la materia informativa con la que se va a operar tiene posibilidades de transferencia visual suficiente para cambiar su presentación original del texto solo a forma visual.
  • El nivel uno es el de los diarios que observan que cierta información se puede presentar en forma no sólo literaria sino con alguna parte gráfica aunque muy elemental. Los diarios situados en este primer nivel hacen una representación gráfica muy limitada y cuando se encuentran con otro tipo de representación la ejecutan, pero sin fantasía alguna, de forma árida, pero con mayor impacto comunicativo que quien se limita a dar esos datos dentro del texto y como parte del mismo. ç
  • Las redacciones situadas en el nivel dos tratan la información escalable de forma gráfica y cuando se encuentran con un listado lo enriquecen con algún tipo de icono aparte de jugar con capas donde situar los datos informativos.
  • En el nivel tres encontramos a los periódicos que dan un paso más allá en la representación gráfica numérica y hacen un cierto alarde de empleo de la iconografía, con alteración de la propia estructura del gráfico, que iconizan.
  • En el nivel cuatro se hallan los diarios que dominan la información gráfica no analógico, poniendo en práctica lo idea, es decir, mostrando con exactitud cuál es el significado real de lo acontecido y no limitándose a informar de qué ha sucedido.

INFOGRAFÍA DEPORTIVA. DIFERENZAS ENTRE EL PAIS E MARCA

Se ben tanto xornais xeralistas como deportivos foron introducindo a infografía deportiva, as diferenzas entre un e outro son marcadas. Aquí vos presentamos unha breve enumeración das principais:

  • A primeira gran diferenza que atopamos entre Marca e El País é o grao de espectacularización da información, entendendo por espectacularización o emprego máis atrevido dos recursos visuais. Neste sentido, vemos como Marca fai un uso moito máis arriscado dos elementos visuais, xogando coas cores, con ilustracións de gran tamaño e elaborando mesmo infografías a páxina enteira. Sen embargo, El País queda un paso por detrás e centra o seu traballo infográfico na publicación de táboas resumo, algúns mapas e outros recursos elementais.
  • Por outra banda, a cor é un elemento diferenciador entre ambas cabeceiras. Se ben é certo que os dous xornais optan pola publicación da maioría dos seus infográficos a cor, non fan o mesmo uso deste elemento visual. En El País óptase por tonos máis neutros e sobrios, mentres que Marca destaca pola utilización de cores fortes, chamativas e con vistosas combinacións cromáticas.
  • O fútbol é a temática estrela tanto nos infográficos de Marca como en El País, aínda que os dous xornais presten atención tamén a deportes como a vela ou o alpinismo. Os demais deportes aparecen case relegados deste ámbito, aínda que en Marca é posible observar infográficos de Fórmula 1 e en El País de tenis, pero son unha minoría tanto nunha como noutra cabeceira.
  • Os infográficos de Marca denotan moita máis acción que os de El País, no cal serven para explicar máis ben unha situación. Así, mentres o primeiro se centra en explicitar cales foron as fases dunha xogada o segundo opta máis ben por mostrar á alineación dun partido ou os resultados do encontro.
  • A fotografía como recurso para a infografía non ten presenza en El País, mentres para Marca é un elemento fundamental, construíndo así moitos dos seus infográficos sobre un fondo fotográfico sacado do encontro deportivo.
  • A ilustración é outro dos recursos fundamentais da infografía de Marca que non ten presenza no xornal xeralista. No deportivo, sen embargo, este elemento chega a ocupar páxinas enteiras, sendo a parte central ou a máis ampla de moitos infográficos.

INFOGRAFIA DEPORTIVA. O USO DAS FIGURAS

José Manuel de Pablos explica en Infoperiodismo. El periodista como producto de infografía o uso das figuras na infografía. Estas son as súas palabras:

La figura infográfica puede ser humana, un animal o un objeto. Sobre esta figura hemos de diferenciar entre “información externa” (aquella como la explicación del nuevo equipaje de un futbolista, es decir, cualquier tipo de mensaje referido a aspectos externos del icono) e “información interna” (cuando la noticia reflejada en la figura haga referencia a algún fenómeno desarrollado en el interior de la figura). Dentro de esta información interna podríamos diferenciar entre la que pertenece al interior del cuerpo (invisible al informador; información delicada) y exterior al cuerpo (bajo la vestimenta, la comunica un testigo o la ve un informador; de carácter menos especial).
Sobre esa figura se podría proporcionar información fotográfica (analógica, sin explicar, sin intervención informativa, con menor valor comunicativo) o infográfica (no analógica, entendible con explicaciones, con intervención informativa y con mayor valor comunicativo).
Hablando sobre la figura humana, esta puede ser personalizada (le ha pasado algo a alguien y tenemos que informar de ello, de manera que lo tendremos que hacer pronto; es un tipo de obra gráfica del día) o genérica (es una situación diferente, más cercana al trabajo reposado de documentación, con más tiempo para perfilar mejor la info, con más tranquilidad para documentarnos y enriquecer la infografía con detalles requeridos).