miércoles, 3 de diciembre de 2008

INFOGRAFÍA DEPORTIVA. AS CARACTERÍSTICAS QUE ATOPAMOS

CANTA INFOGRAFÍA? Se ben Antonio Alcoba afirma que tanto os xornais xeralistas como os deportivos veñen usando a infografía deportiva, o certo é que, como parece lóxico, ese uso é moi diferente nun e noutro, tanto cuantitativa como cualitativamente. En números, dos 31 días que tivo o mes de outubro, en 16 deles aparece algo de infografia deportiva en El País, mentres que en Marca, esa cifra increméntase ata 27. Polo tanto, no primeiro caso, case poderiamos falar da metade dos días e, no segundo, da práctica totalidade. Cualitativamente, as diferenzas son marcadas. Se vos interesa profundizar neste campo, podedes picar aquí.

INFOGRAFÍA ESTETIZANTE OU ANALÍTICA? Se algo puidemos comprobar na nosa análise da infografía deportiva é que case en ningún caso podemos falar de infografía meramente estetizante, substituto ou tapa-ocos dunha fotografía. No Marca, por exemplo, son máis que numerosas as infografías adicadas a analizar o transcurso ou devir dunha xogada. Esta que aquí amosamos é tan só un exemplo, pero se queredes ver máis pinchade aquí.


Diferenza básica sen dúbida (e na que a infografía sae ganando) con respecto á fotografía: esta última pode fixar un momento concreto, pero non explicar unha sucesión de feitos ou operacións. É aquí onde a infografía deportiva ten moito terreo por explotar: os diagramas de fluxo, como os denomina Alberto Cairo, son a base de todas esas infografías nas que se explican xogadas. “Es el fotógrafo deportivo un esclavo de la película de alta sensibilidad, de la milésima de segundo, y no tiene más ventaja de mira que la improvisación, ni mejor estudio que la hierba de los estadios”, apunta Antonio Alcoba, falando das diferenzas coa infografía deportiva.

SENSACIONALISMO. Diversos autores teñen citado o sensacionalismo como unha das características básicas da linguaxe deportiva. ¿Ocorre o mesmo na infografía? Non o vimos así, dende logo. Só habería un infográfico que, para nós, podería non ter moito que ver co deporte e si máis ben cun aspecto puramente anecdótico ou, cando menos, pertencente á vida privada desa persoa. ¿Credes que ao lector de deportes (que supostamente le o xornal para coñecer as novidades estrictamente deportivas) lle debería interesar os días nos que Ballesteros se vai operar?


CÓDIGOS COMPARTIDOS?: Se algo conleva a linguaxe deportiva é a presunción de que o lector comparte certos códigos co emisor da información: descifra o linguaxe argótica sen problema algún. Na infografía ocorre máis ou menos o mesmo. É algo que Alberto Cairo, en “Infografía 2.0. Visualización interactiva de información en prensa” vencella coa abstracción. Afirma: “La abstracción es un componente esencial en el diseño de diagramas. Eliminar lo innecesario para que lo necesario se destaque. El grado de abstracción posible depende de numerosos factores, como el nivel de familiaridad de los lectores con el objeto representado o el hecho de que diseñador y lector compartan una serie de convenciones/códigos que faciliten la comunicación a través del gráfico”. Para aqueles que non somos coñecedores ou afeccionados ao deporte, infografías coma a seguinte poden resultar un tanto complicadas (nese caso sería cando se podería falar de que non se comparten códigos).


Antonio Alcoba di en Cómo hacer periodismo deportivo: “El deporte ha sido capaz de dotarse de unos vocablos que, sin necesidad de traducción alguna, son comprendidos en todas las actividades”. Non o podemos ver de todo certo. Hai unha linguaxe argótica que non é fácilmente comprensible por todos os lectores e que, obviamente, se traslada tamén aos textos incorporados nas infografías deportivas. AS FIGURAS. José Manuel de Pablos, en “Infoperiodismo. El periodista como creador de infografía” réflexiona sobre este tema. Se pinchades aquí podedes ver un pequeno resumo do que el di. Como poderedes ver nestes exemplos que a continuación vos incorporamos, as figuras humanas son moi usadas na infografía deportiva (sobre todo no Marca, como nós analizamos), case sempre personalizadas e case sempre referíndose a información externa ao individuo en si (traxectoria profesional no deporte…).

















QUE DEPORTES SE INFOGRAFÍAN? O fútbol segue a ser o deporte que maior número de páxinas ocupa, algo que tamén é extensible á infografía. En El País séguelle o tenis, por exemplo, do que soe incorporar esquemas deste tipo:

Tiñamos dúbidas sobre se incorporalos como infografía ou non. Tal vez si poderiamos facelo nese primeiro nivel de uso infográfico que José Manuel de Pablos establece.
En Marca, os deportes infografiados amplíanse (evidentemente, tamén motivado por ser integramente un xornal deportivo que adica tódalas súas páxinas a este tipo de actividades e, por tanto, por contar con maior cantidade de espazo que un xeneralista como é El País). Así, temos moi boas infografías de vela, montañismo, baloncesto… Se vos interesa velas, podedes pinchar aquí.

O USO DA COR: trátase dunha das diferenzas básicas entre a infografía deportiva que fai El País e a que fai Marca. Todas as infografías que fai o xornal deportivo están feitas a cor e con tonalidades moi chamativas, mentres que as de El País son todas practicamente en branco e negro.

EXTENSIÓN: as infografías deportivas chegan a ocupar unha páxina enteira no Marca (ou mesmo a parte superior de dúas páxinas enfrontadas), mentres que en El País o tamaño é moito máis reducido e abundan gráficos de situación do xogo coma o que a continuación vos amosamos.
















FORMATOS NOVIDOSOS: na nosa análise de Marca, chegamos a apreciar, cando menos, catro formatos novidosos:
1. Uso da ilustración ata un nivel que ás veces chega a desvirtuar o contido da información: ¿teñen algún sentido eses debuxos e a ese tamaño?


2. Fotografías acompañadas de pés de foto que parecen ir creando un comic. Non cremos isto infografía propiamente dita, pero si, cando menos outra forma de combinar imaxe e texto para facilitarlle información ao lector de xeito claro, comprensible, sinxelo e atractivo (que sería, por outra banda, a base da infografía).





















3. Infografía como foto de acompañamento a unha entrevista: se ben o máis común é incorporar, na páxina na que se fai a entrevista, unha fotografía da persoa, neste caso o que se fai é incluír unha infografía na que aparece a figura dese personaxe e os datos máis relevantes da súa traxectoria deportiva (unha especie de radiografía).


4. Infografía informativa, pero á vez, de autopromoción do xornal.


MAPAS: o uso de mapas é bastante frecuente e, se ben no Marca hai moitos exemplos, tamén en El País hai algún que outro. José Manuel de Pablos diferencia no seu libro “Infoperiodismo” entre mapa xeográfico e mapa xornalístico. O segundo conleva incorporada información xornalística, de modo que, unha das diferenzas básicas con respecto ao primeiro sería que non podería volver ser publicado do mesmo modo, mentres que un mapa puramente xeográfico si podería selo. Con respecto a isto, se ben algúns dos gráficos si incorporan información que os fai específicos, como é o caso do que aquí amosamos, hai outros que, de non ser por unha liña que sinala un percorrido, por exemplo, ben poderían pasar por mapas puramente xeográficos e, por tanto, mesmo poderiamo dicir que non serían infografía estrictamente: tamén disto útlimo vos deixamos un exemplo.

No hay comentarios: