miércoles, 3 de diciembre de 2008

INFOGRAFÍA DEPORTIVA. DIFERENZAS ENTRE EL PAIS E MARCA

Se ben tanto xornais xeralistas como deportivos foron introducindo a infografía deportiva, as diferenzas entre un e outro son marcadas. Aquí vos presentamos unha breve enumeración das principais:

  • A primeira gran diferenza que atopamos entre Marca e El País é o grao de espectacularización da información, entendendo por espectacularización o emprego máis atrevido dos recursos visuais. Neste sentido, vemos como Marca fai un uso moito máis arriscado dos elementos visuais, xogando coas cores, con ilustracións de gran tamaño e elaborando mesmo infografías a páxina enteira. Sen embargo, El País queda un paso por detrás e centra o seu traballo infográfico na publicación de táboas resumo, algúns mapas e outros recursos elementais.
  • Por outra banda, a cor é un elemento diferenciador entre ambas cabeceiras. Se ben é certo que os dous xornais optan pola publicación da maioría dos seus infográficos a cor, non fan o mesmo uso deste elemento visual. En El País óptase por tonos máis neutros e sobrios, mentres que Marca destaca pola utilización de cores fortes, chamativas e con vistosas combinacións cromáticas.
  • O fútbol é a temática estrela tanto nos infográficos de Marca como en El País, aínda que os dous xornais presten atención tamén a deportes como a vela ou o alpinismo. Os demais deportes aparecen case relegados deste ámbito, aínda que en Marca é posible observar infográficos de Fórmula 1 e en El País de tenis, pero son unha minoría tanto nunha como noutra cabeceira.
  • Os infográficos de Marca denotan moita máis acción que os de El País, no cal serven para explicar máis ben unha situación. Así, mentres o primeiro se centra en explicitar cales foron as fases dunha xogada o segundo opta máis ben por mostrar á alineación dun partido ou os resultados do encontro.
  • A fotografía como recurso para a infografía non ten presenza en El País, mentres para Marca é un elemento fundamental, construíndo así moitos dos seus infográficos sobre un fondo fotográfico sacado do encontro deportivo.
  • A ilustración é outro dos recursos fundamentais da infografía de Marca que non ten presenza no xornal xeralista. No deportivo, sen embargo, este elemento chega a ocupar páxinas enteiras, sendo a parte central ou a máis ampla de moitos infográficos.

No hay comentarios: