martes, 16 de diciembre de 2008

"HOLOGRAFÍAS", PANTALLAS TÁCTILES...

Infografistas, logo de ler o texto que nos dou Marita na clase, eu quédome con varias ideas e observacións. Unha delas é que me parece moi ben que se avance no uso destas técnicas e máis se redunda nunha mellor exposición e comprensión da información (e as eleccións en EEUU eran un moi bo tema para tratar de analizalo). Non obstante, aí está a cuestión: o que se ha de buscar, na miña opinión, é esa mellor comprensión da información e non o alarde tecnolóxico que parece que se fixo.
De feito, hai unhas liñas do texto que me parecen moi significativas: "Las pantallas táctiles fueron utilizadas prácticamente por todas las cadenas, aunque las de la CNN, de gran tamaño, fueron las más llamativas". Non as máis informativas/explicativas/comprensibles/analizadoras senón iso, as máis chamativas, que parece que é o que primou nese alarde de novidades, tal e como esas "holografías" que non eran tal.
Persoalmente, as entrevistas virtuais e teletransportacións xa me parecen "avanzar" demasiado, mesmo entrar no perigoso terreo de que non se chegará a distinguir o que é real e o que non o é (algo que tendo en conta a raíz informativa da infografía, non lle conviría nada).

Que vos parece a vós?

Un saúdo

1 comentario:

Anónimo dijo...

yo creo que todas son unas herramientas que hay que utilizar sin excepción para ayudar a entender temáticas complejas, como son los escrutinios y las estimaciones de votos.
Son recreaciones con gran visibilidad y que aportan el grueso del sentido.
Un saludo.