jueves, 18 de diciembre de 2008

A tecnoloxía e os medios de comunicación

Trala lectura do artigo "Holografías", pantallas táctiles... comparto a opinión de Patricia. Creo que a tecnoloxía ten que complementarse co papel e a función dos medios de comunicación, pero non desvirtuala. É dicir, os avances da técnica deben ser aproveitados cando axuden a comprender a información ou mesmo a chamar a atención sobre ela (que é o que en definitiva facemos tamén cos titulares) pero non deben contribuir nunca á súa espectacularización.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

¿O espectáculo non está no propio contido da información? Cando se dí, fronte unha folga ou unha manifestación programada, que a xornada transcorriu con total normalidade, se hai unha folga ou unha manifestación non pode ser normal a cousa, senón non sairía nos medios de comunicación, entón ¿por qué se usan esas palabras? para incidir que non houbo espectáculo??

Anónimo dijo...

Parece que Silvia e Patricia son unha auténticas fans da bitácora...
marotlo

Patricia Blanco Martínez dijo...

Respondendo a ese comentario, eu penso que o espectáculo non está no contido da información senón en como o xornalista/traballador do medio trate esa información. Unha folga en si (esa sería a información) non é espectáculo, pero que o xornaliste busque nesa folga un detalle pouco representativo (por exemplo, un loita entre dúas persoas, cando as demais están manifestándose "tranquilamente")si pode considerase búsqueda do espectáculo e do morbo, levantando opinións que non son de todo acertadas. Cando se ve unha manifestación na TV, son moitos os que din: "manifestarse non é malo pero romper todo como están facendo si". ¿Acaso todos os presentes na manifestación rompían e queimaban mobiliario, etc.? Non creo.
Pero isto é volver ao de sempre: á visión parcial da realidade que nos dan os medios. Por que se di ante unha folga que todo transcorreu con normalidade? E por que eu mesma dixen (conscientemente) que hai xente que se manifesta "tranquilamente".Creo que é un exemplo máis desa visión reducida coa que traballamos nos medios, de todo facemos pastillas independentes sen darnos conta que forman parte dun conxunto maior. Que hai unha folga, pois a noticia é a folga, e se non houbo enfrontamentos/espectáculo, pois dise, dise que foi todo normal (sen sobresaltos que poidan incrementar audiencia, logo). Claro que é algo normal porque nese tratamento da noticia non se aborda o verdadeiro por que do que se está a reclamar: ¿acaso non hai xente que ao ver imaxes dunha manifestación, se centra nelas, vendo o que fan, e cando remata se pregunta "pero que piden/reclaman?". Se o xornalista nos explicase o complicado da situación que leva á xente a manifestarse, dende logo, si que non terían cabida palabras como "todo é normal".

Un saúdo