sábado, 3 de enero de 2009

PROBLEMAS COA INFOGRAFÍA

Incorporo esta nova entrada para responder a un dos comentarios Marita fai nun dos blogs acerca dos problemas que temos coa infografía ou, mellor dito, preguntándose polas dificultades coas que nos atopamos á hora de facer os bocetos. A verdade, o meu problema penso que é grave (basicamente, case que incapacitante para a elaboración de infográficos...). Refírome a que eu, visualmente, non consigo ver a forma de transmitir a información: teño o texto, si, ¿pero como representalo graficamente? Teño que darlle unha e mil voltas e como se ve nos infográficos que vou subindo, tampouco son para tirar cohetes as imaxes que elixo... A miña percepción é que me centro demasiado na información e non consigo traspasar esa fronteira que leva a que a imaxe tamén diga algo, que non estea simplemente de recheo (como teño a impresión que está nalgún dos meus infográficos).
Ese é o meu problema esencial, á marxe de que me parece dificultotísimo sintetizar tanto a información. Por iso digo que o meu "problema" coa infografía e que non sei facer infografía, porque se entendemos esta como "texto+imaxe" (entendendo que ambas cousas son información), a min fállame totalmente a segunda parte. Particularmente, admiro algúns dos infográficos que fixéstedes algúns de vós, xa que moitos de penso que tedes unha forma moi interesante de facernos visualizar a información que para min é tremendamente dificultoso. Así que noraboa!!!

Ai! O que me gustaría saber é se algún de vós ten este mesmo "problema" e algunha idea para solucionalo...

:-(

Un saúdo e gracias

8 comentarios:

Alexandra Moledo dijo...

Oa Patricia e a todo esto FELIZ ANO NOVO!!!Eu claro que teño ese problema tamén pero aparte o que máis me costa é sintetizar. Ó querer dar tanta información acabo sempre facendo un mix no que non se entende nada. Eu tamén necesito consellos xD

Leticia Cambeiro Rodríguez dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Leticia Cambeiro Rodríguez dijo...

Hola y Feliz Año
Yo no creo que el problema esté en sintetizar, aunque está claro que es un aspecto difícil.
A mi, por ejemplo, me resulta más complicado pensar en una presentación que incite a los lectores a pararse en ella, es decir, la originalidad y sugestividad de la imagen y de la forma de presentar los datos. No se si se me entiende xD
buscar una forma de presentar la información que sea fácil de digerir y que a su vez sea original. Pero bueno, es mi opinión.

Un saludo

Anónimo dijo...

A min pásame igual, sintetizar e elixir de emtre toda a información sobre un tema aquela que verdadeiramente é relevante é o que máis me custa. E logo, tamén me parece moi complexo saber como organizar visualmente esa información, é dicir, o tipo de imaxes necesarias, os gráficos, os tamaños, as cores máis axeitadas... e a orde de tódolos elementos.
Saúdos

Anónimo dijo...

A min tamén me custa sintetizar e visualizar os infográficos, pero penso que con traballo e coméndose moito a olla pódese conseguir. O meu problema é outro: non consigo facer nada co Flash. Paréceme un programa complicadísimo e levo todo o nadal peleándome con el, pero nada. ¿A alguén lle pasa o mesmo?

Anónimo dijo...

Deixo este enderezo, ao mellor xa o tendes, pero en todo caso é interesante.
Interactividad en la infografía de prensa
http://www.albertocairo.com/imagenes/2008/articulos/articulomalofiej.pdf
marotlo

Tejerina dijo...

Yo también tengo bastantes dificultades a la hora de sintetizar y seleccionar la información que quiero plasmar en el infográfico. La verdad es que requiere mucho tiempo de planificación para poder conseguir un resultado claro y eficaz. En mi caso creo que peco bastante de utilizar demasiada letra, me cuesta bastante reducir los textos o sustituirlos por imágenes.
En cuanto al tema del flash es una de mis pesadillas ultimamente jeje No sé como quedará mi proyecto, pero bueno, habrá que intentarlo!

Anónimo dijo...

igual me pasa a min, conseguir visualizar a información é o q máis me custa. Tamén teño problemas á hora de organizar os datos na páxina, porque ó rematar o boceto teño a sensación de qiue queda todo bastante confuso e que ó mellor unha persoa que non coñeza algo do tema tratado non é capaz de comprender a información.