miércoles, 28 de enero de 2009

PROGRAMA CONCIENCIA: ABRINDO COMPOSTELA AO PENSAMENTO UNIVERSAL

Aquí vos deixo o meu proxecto final para infografía. Trátase dun repaso polos tres anos de traxectoria do Programa de divulgación científica ConCiencia, dirixido polo profesor Jorge Mira. Nel tratei de reflictir non só os grandes persoeiros que visitaron Compostela senon tamén os cambios que se foron dando a medida que se celebraba cada nova edición. Ademais, posto que un dos obxectivos é abrir esta cidade ao pensamento científico mediante o contacto destes Premios Nobel (e análogos, así como outros divulgadores de labor excepcional) cos investigadores locais, realicei unha fusión de imaxes entre a catedral -que simbolizaría a Compostela- e esas ventás abertas -que simbolizarían esa apertura-. De aí tamén o título: "Abrindo Compostela ao pensamento universal". Espero que se entenda!

E tamén espero as vosas opinións! Gracias...

1 comentario:

Anónimo dijo...

Holla!

Sólo para decir que me parece muy bien tu infografico. Fue una buena idéa el tema que elegiste!

Me gusta la imagen de fondo, e también la disposición de la información.

Saludos, Vânia (portuguesa) :D