jueves, 15 de enero de 2009

UNHA INTRODUCIÓN AO DESEÑO DA INFORMACIÓN. PAUL MIJKSENAAR

Infografistas, trala lectura que fixemos deste libro de PAUL MIJKSENAAR (Una introducción al diseño de la información) e aínda que xa se recolle tamén noutro dos vosos blogs, aquí vos deixamos as conclusións ou ideas máis relevantes que nós tiramos del.
Un punto que nos parece que hai que reflexionar moito é a seguinte afirmación do autor: "Cuando la realidad se esquematiza de un modo radicial, la relación con esa misma realidad se pierde en la misma medida y el diseño gráfico contemporáneo está repleto de ejemplos de sobrediseñor cuando uno de los principios máis importantes es, precisamente, el de la visibilidad".

Nos seus comezos, o deseño considerábase, máis que nada, unha ferramenta para aunar a construción e a función, mais a única conclusión posible que se tira desta obra é que o deseño sempre implica tres elementos relacionados: durabilidade, utilidade e beleza. Neste sentido, o deseño ten unha capacide única para dar forma á información mediante as seguintes técnicas:

-énfase
-comparación ou estruturación
-agrupación ou ordenación
-selección ou omisión
-opción por un recoñecemento inmediato ou retardado
-presentación de maneira interesante

Información visual
Non hai unha única maneira na que a información se presente dun xeito visual, senón que Mijksenaar aborda varias: as REPRESENTACIÓNS GRÁFICAS, por exemplo, son moi adecuadas para dispoñer dunha información estadística acerca de cambios, tendencias e interrelacións; a CARTOGRAFÍA representa seccións do mundo e o cosmos; os PICTOGRAMAS refírense de forma sucinta e inmediata a conceptos ou funcións; as ILUSTRACIÓNS, como os debuxos e as fotografías, dan vida a produtos o parte de productos; e, finalmente, incluso o TEXTO é adecuado para as situacións donde é crucial unha información precisa. Xa que logo, a elección dun medio visual determinado vén dictada principalmente polo grado de abstracción que require a información.

A forza do cotiá
O deseño concíbese xeralmente como unha rama das artes visuais. Sen duda algunha, ten terreo en común co uso de técnicas visuais e tamén é certo que moitos deseñadores se inspiran nas artes visuais. Non obstante, hai moitas outras fontes de inspiración dispoñibles, como a propia música ou a natureza. Na opinión do autor deste libro, os deseñadores de produtos gráficos de consumo deberían deixarse influír pola riqueza visual dos obxectos cotiás, malia que, na realidade, moitos deles perciban a estes últimos como banais, feos e vulgares.

Experimento ou destreza
Tiña dito PASCAL: "Estoy firmemente convencido de que la creatividad no reside en buscar materiales nuevos sino en reorganizar los que ya existen". E así mesmo, a información visual utiliza formas prestadas da fotografía, dos filmes, das tiras de comic e mesmo das ilustracións técnicas.

O contido precede á forma
Cara 1873, un dos escritores holandeses máis famoso ("MULTATULI") escribía: "Aspira, ¡oh, tú que quieres ser artista!, con el más diligente tesón, a dominar el contenido. La forma se alzará a tu encuentro". As ideas sono todo e non as hai en abundancia. Sen contido non hai forma. E o que importa é precisamente e, sobre todo, a idea, porque todo deseño comeza cando se comprende e se interpreta.

A nosa proposta de debate
Infografistas, nós queremos continuar con ese debate que xa tanto ten dado de si: ¿contido ou forma? Que está primeiro? Cal é máis relevante na infografía? Se ben todas coincidimos en pensar que sen contido traballado non hai infografía de calidade, tamén sabemos que por moito que un contido sexa moi talentosos, se a parte visual non está pensada... non hai moito que facer. ¿Que pensades vós?

Un saúdo e gracias

No hay comentarios: