viernes, 16 de enero de 2009

O DESEÑO DA NOSA VIDA

"Actúa de forma silenciosa", afirma Emilio Gil, director creativo de Tau Diseño, reivindicando a capacidade do deseño gráfico para incrementar a efectividade na comunicación dunha mensaxe. ¿E vós que pensades? ¿Dámonos conta de que en cada pequena cousa coa que traballamos día a día está presente o deseño? Se pensades en dar unha resposta negativa, quizais o problema estea, como se di nunha dos artigos de El País (escrito por TACHY MORA) que nos dou Marita na clase, en que "si no comunica no es un buen diseño" (PAUL RAND).
Para moitos, o deseño segue sendo aínda unha mera cuestión de apariencia, case sempre relacionado con obxectos caros, exhibicionistas ou caprichosos. Pero a realidade é que todo o que nos rodea é froito do deseño, máis ou menos afortunado, mellor ou peor, pero todo foi pensado e fabricado por alguén.

Exemplos que "non funcionan" -A teteira coa que sempre derramamos algo
-O abrefácil que non é tan fácil
-A etiqueta que sempre deixa a marca logo de estar pegada
-O tetrabrik co que non apuntamos ben cara o baso
-A anilla da que temos que tirar para abrir a botella de aceite na que apenas cabe o dedo
-Para que sirven todos os botóns do mando a distancia?
-Por que sempre nos cae algo cando abrimos o paquete de arroz ou de azucre?

Seguramente nunca antes de ler ese artigo tivéramos reparado nestas cuestións. Pero unha vez plantexadas, si nos podemos decatar de que case todo é cuestión de deseño. ¿Cal é a vosa opinión? Pensades que si nos condiciona ese deseño ou que son simples erros? Porque a frase sentencia do artigo é: "Malos diseños que no funcionan y que te pueden costa la vida". Tanto é así?


Un saúdo

No hay comentarios: