miércoles, 29 de octubre de 2008

Tema para o traballo

Ola xornalist@s!!
Queríamos comentarvos que o noso grupo cambiou o tema para o debate que realizaremos na clase. Nun principio, iamos centrar o traballo sobre o humor gráfico pero visto que hai outros grupos que o escolleron, a nosa exposición versará finalmente sobre outro aspecto do temario.
Neste sentido, decidimos analizar a infografía empregada no ámbito deportivo partindo da utilizada nos Xogos Olímpicos de Barcelona. Para iso centrarémonos no estudo dun xornal xeneralista e nun especializado neste tema, que en principio sería o Marca.
A nosa hipótese é que a infografía do mundo do Deporte se caracteriza pola espectacularidade e a liberdade que define a linguaxe e o estilo do Xornalismo Deportivo. Con este traballo tentaremos comprobar se estamos no certo...
Saúdos a todos e xa nos diredes se compartides a nosa hipótese ou non!!!

No hay comentarios: