lunes, 20 de octubre de 2008

ANÁLISE DOS INFOGRÁFICOS DE PÚBLICO

Centrándonos na semana na que aconteceu a traxedia e tras unha análise do tratamento infográfico que o xornal fixo do feito, poderiamos dicir que a nosa hipótese é que a incorporación de certos infográficos se fixo ás veces máis dun xeito ilustrativo que analítico (os dous termos que, moi diferenciadamente emprega Alberto Cairo), máis por dicir que “o noso xornal pode permitirse incorporar infográficos”. Xocas no seu análise sobre a ética cita a Souza, quen afirma: "a finalidade do infográfico é que o leitor possa discernir rápida e confortavelmente aquilo que para ele representa algúm interesse". Tentaremos comprobar se Público cumpriu ou non esta máxima.

Exposición da análise

a) Primeiro día: Infográfico non é só ilustración, debe ter sempre a información como soporte. Non obstante, segundo o noso parecer, neste primeiro día de tratamento, no xornal analizado non foi así.
-Parece que o gráfico se presta un tanto a especulacións, cousa que por outra banda, non deixa de ser en certo modo lóxico dada o inesperado do accidente e, por tanto, a precipitación coa que se lle ofrece aos lectores un gráfico a dobre páxina sobrecargado de información. Non se segue aquela máxima de Charles Blow, subdirector de deseño do The New York times e ata marzo do 2004, xefe de infografía do periódico. Nesa máxima el afirmaba: “show only what you know” (muestra sólo que sepas). Non había datos suficienes, todo son especulacións sobre o que puido ter pasado pero non do que pasou: xunto co debuxo do traxecto que supostamente seguiu o avión, hai numeroso gráficos con información adicional que parecen estar de recheo.
-A calidade de imaxe e moi boa, pero non se cumpre coa función de informar propiamente dita. Podería pedírselle ao xornal, por tanto, “máis info e menos grafía”, neste primeiro día no que se podería afirmar que fixo un uso máis ben decorativo e estético da infografía.
-En canto á coherencia texto-imaxe, atopámonos con que o título deste infográfico (Radiografía de la catástrofe) non se corresponde cos datos que logo ofrece, xa que se ben unha radiografía permite coñecer aquilo que está máis aló do que se percibe a simple vista, iso non é o que o ocorre con este infográfico. Non se seguen pois as máximas de teóricos como Benedito Oliveira e Randolfo Soares, que din "nada pode ser feito sem harmonía".

b) Segundo día: Curioso resulta tamén un dos infográficos que se incorpora este día.
-Leva por título “Qué puede ocurrir si explota un motor” (foi unha das hipóteses manexadas) pero no gráfico simplemente se explican as partes dun avión, sen coherencia algunha co título.
-Por outra banda, outro infográfico leva por título “Hay máis posibilidades de morir paseando”, onde se amosa que as mortes en traxedias de avión están moi por debaixo de, por exemplo, o cáncer ou os atropellos por avión. A finalidade deste gráfico non pode ser outra que a apelativa, é dicir, a chamada de atención ao lector, entendida nun sentido negativo, por suposto, xa que, en certo modo, desvíase a atención do que realmente sería central.

c) Días seguintes:
-Fanse uso de infográficos que, en si, tal vez sexan informativos pero que, con respecto á catástrofe, non aportan nada. Poñamos por caso o dos mandos do avión (que se repite prácticamente en dous días) ou a exposición do funcionamento de certas palancas que, para un lector medio, dende logo non son fáciles de seguir. Pensamos que tal vez aquí tamén pode haber un erro pois o cidadán para nada comparte os referentes cos que contaba o autor do infográfico.
-Por outra banda, xa cara final da semana do accidente, de novo, outras dúas veces, se volve a incorporar o gráfico do traxecto que seguiu o avión. Nun deles mesmo se evidencia as especulacións que se fixeron o primeiro día e que nos comentabamos: dise que o avión elevouse entre 10 e 20 metros antes de caer ao chan, mentres que o primeiro día se dicía que se elevou entre 60 e 200 metros, un intervalo que, de por si, por certo, xa non aportaba moita información (e menos exacta).


Conclusións
Se ben é certo que nos gráficos de Público (con moi boa calidade de imaxe) se perciben esas dúas liñas que parecen guiar os infográficos (o escenario e a secuencia), nós concluimos que en boa parte das ocasións estes funcionaron máis ben cunha finalidade estética e ilustrativa que analítica, incluso a veces cun certo toque de sensacionalismo. Xocas afirma que hoxe en día a competencia entre os medios é feroz e que a infografía é un elemento diferenciador do producto. Tal vez, neste caso se subordinou a calidade dos gráficos á loita entre medios. Considerando catástrofes deste tipo como termómetros da situación da infografía en España, tal como fai Javier Zarracina, e logo de atender ás exposicións dos nosos compañeiros, quizais no noso país de momento o que importa non é a calidade.


Propostas de debate
-¿Estanse usando os infográficos como debuxos sen máis?
-¿Estanse usando como método para cubrir páxinas cando non hai datos suficientes para ofrecer unha explicación?
-¿Pode haber sensacionalismo nun infográfico?
PARA SABER MÁIS:
-CAIRO, Alberto, Visualización interactiva de la información en prensa, 2008
ANÁLISES ESPECÍFICAS DO CASO:

6 comentarios:

Sen Lei dijo...

"Muestra sólo lo que sepas", creo que esa debería de se-la máxima de todo infografista, xornalista, e realmente de toda persoa para comunicar, e non xerar rumores ou espazos de descontextualización.

Noelia

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

Eu creo que a tónica en xeral en todos os xornais, tamén no voso como ensinaste hoxe na clase, foi publicar moitos infográficos que ademais eran moi visuais, moi espectaculares, moi chamativos.
Supoño que será pola relevancia do suceso polo que se chegou a destacar en infográfico calquera detalle, aínda que non fora especialmente relevante. Hai tendencia a magnificar aínda máis o que xa é algo escabroso e inusual, como foi o caso do accidente. Tamén gusta moito as gráficas que fan reconto, e dalgún xeito é unha das formas que terán para demostrar o seu acceso ós datos, ou para tentar complementar o texto.
De todos modos, eu sigo crendo que un factor máis é que, debido á escaseza de fotografías, os editores chegan á conclusión de que hai que encher espacio. Como tampouco se dispón de excesivos dats, sobre todo os primeiros días, emprénganse algúns infográficos que, en casos, son de todo menos informativos.
Un saúdo.

Alexandra Moledo dijo...

Ola infográficas. Como ben dicides o afán por impactar visualmente deixa relegada a principal función dunha infografía que é representación da realidade. Neses días calquera información era susceptible de transmitirse nun infográfico, ainda que non tivese sentido. E no caso de "Público" ó igual que no que nós analizamos de "ABC" moitas veces o título do traballo ou os datos ofrecidos pouco ou nada tiñan que ver co infográfico representado.

Anónimo dijo...

Pode ser fácil un certo sesgo estético fronte a determinados acontecementos. Un suceso como o de Baraxas, cun fluxo informativo que cuspe velocidade, reflicte a dificultade do traballo diario cando o tempo xoga en contra da reflexión. Por iso a necesidade de revisar os conceptos e ver o que se fai e como se fai, pero tamén nos temos que ser como forenses que buscan a través das probas a estructura visual e informativo das infografías. Para chegar a conclusións precisamos a análise pormenorizado de todos os ingredientes que se poñen en xogo. É nesta tarea onde temos que asociar xornalismo, imaxe, visualización, arquitectura, deseño, tipografía, fontes, etc. para poder ofrecer un mapa no que se poida distinguir o escenario e a secuencia; os efectos e o contexto.
Por certo, que significa escenario e secuencia na vosa análise, que significa, que aporta, que relevancia ten para o punto de vista que manexades.
marotlo

Patricia Blanco Martínez dijo...

Respondendo, a modo persoal, a esa pregunta que se fai no anterior comentario direi que para min o escenario é o lugar no que ocorren os feitos que se infografían, mentres que a secuencia é o traxecto, o devir dese fenómeno que se intenta representar. Teño lido que, no caso de catástrofes, eses don os dous termos clave que ao que todo xornal tenta responder nun primeiro momento e coa primeira infografía que ofrece. É dicir, está claro que tamén eses dous son os puntos que o lector máis desexa coñecer nun primeiro instante, pero habería que tentar ofrecelos, por parte do xornal, dun xeito máis repousado e unha vez coñecidos mellor os datos. Está claro que o tempo corre cara atrás e que a velocidade dos acontecementos é moita, pero por exemplo, o gráfico a dobre páxina que incorpora Público o primeiro día paréceme excesivo: unha, porque non habia datos e dúas, porque o traxecto do avión podería ocupar menor espazo e entenderíase igual de ben. Non obstante, tampouco esquezo que a competencia do xornal tamén na infografía é algo que condiciona moito e que mesmo desvirtúa ese tratamento infográfico, polo que se tal vez se tendeu a pensar que “máis tamaño=mellor tratamento”.

Un saúdo