jueves, 18 de diciembre de 2008

A tecnoloxía e os medios de comunicación

Trala lectura do artigo "Holografías", pantallas táctiles... comparto a opinión de Patricia. Creo que a tecnoloxía ten que complementarse co papel e a función dos medios de comunicación, pero non desvirtuala. É dicir, os avances da técnica deben ser aproveitados cando axuden a comprender a información ou mesmo a chamar a atención sobre ela (que é o que en definitiva facemos tamén cos titulares) pero non deben contribuir nunca á súa espectacularización.

martes, 16 de diciembre de 2008

"HOLOGRAFÍAS", PANTALLAS TÁCTILES...

Infografistas, logo de ler o texto que nos dou Marita na clase, eu quédome con varias ideas e observacións. Unha delas é que me parece moi ben que se avance no uso destas técnicas e máis se redunda nunha mellor exposición e comprensión da información (e as eleccións en EEUU eran un moi bo tema para tratar de analizalo). Non obstante, aí está a cuestión: o que se ha de buscar, na miña opinión, é esa mellor comprensión da información e non o alarde tecnolóxico que parece que se fixo.
De feito, hai unhas liñas do texto que me parecen moi significativas: "Las pantallas táctiles fueron utilizadas prácticamente por todas las cadenas, aunque las de la CNN, de gran tamaño, fueron las más llamativas". Non as máis informativas/explicativas/comprensibles/analizadoras senón iso, as máis chamativas, que parece que é o que primou nese alarde de novidades, tal e como esas "holografías" que non eran tal.
Persoalmente, as entrevistas virtuais e teletransportacións xa me parecen "avanzar" demasiado, mesmo entrar no perigoso terreo de que non se chegará a distinguir o que é real e o que non o é (algo que tendo en conta a raíz informativa da infografía, non lle conviría nada).

Que vos parece a vós?

Un saúdo

COMO FACER UNHA RECLAMACIÓN ANTE A XUNTA DE GALICIA


Infografistas, déixovos outro infográfico sobre como pode reclamar o cidadán ante a Administración Pública (pois o outro era simplemente de acceso a información). Centreime no caso da Xunta de Galicia, é dicir, en todo o trámite que se segue logo de que o cidadán presenta a súa queixa. A parte visual é moi simple, pois só quería dar a sensación desa sucesión de pasos que levan a algún sitio e unhas escaleiras pareceume a forma máis doada.


Un saúdo